Hoxe
puxemos en marcha unha nova proposta que paseniño ira pasando polos fogares de todos os meniños. Trátase dun caderno viaxeiro para apoiar
a candidatura da Figueira da Casa-Museo de Rosalía de Castro como árbore do ano 2020. A Árbore Europea do Ano creouse
para dar a coñecer a existencia dun valioso patrimonio natural e cultural que todos deberíamos apreciar e protexer.
A diferenza doutros concursos, non é importante a beleza,
o tamaño ou a idade da árbore senón a historia e a conexión coas
persoas.
Todos e cada un de nós seguro que temos unha árbore singular na nosa vida. A árbore que plantou o avó, a que serve de cabana para os nenos, a que nos acompañou
sempre, a que nos dá esa magnifica sombra no verán … Para nós son importantes aínda que non sexan as máis grandes, nin as máis vellas, nin as máis bonitas.
Trátase de elixir esa árbore significativa da nosa vida e axudar aos nenos a escribir o seu nome nese caderno viaxeiro. Tamén podedes contarnos o seu segredo, o porqué esa árbore é especial para vós e pegar unha foto dela cos nenos ou se o preferides enviala ao correo escoladeleiro@gmail.com. Conforme cheguen á escola a idea é que os nenos conten aos seus compañeiros esas vivencias relacionadas coas árbores e deste xeito valorarán, apreciarán e protexerán máis o medio ambiente.

No hay comentarios:
Publicar un comentario