martes, 24 de septiembre de 2019

COÑECENDO A ZAPATOCAS


Onte comezou a funcionar a nosa biblioteca escolar. Cada luns pasaremos parte da xornada nas súas instalacións realizando diversas actividades. Empezamos presentando a nosa mascota Zapatocas aos novos alumnos e actualizando e personificando os carnés de biblioteca. Despois, cada neno escolleu un libro para levar a casa, menos ao que lle tocou a mochila viaxeira. Esta última irá pasando por todos os fogares e ten como obxectivo dar a coñecer algúns dos fondos e materiais dispoñibles.

No hay comentarios:

Publicar un comentario