jueves, 5 de septiembre de 2019

BENVIDOS AO CURSO 2019-20



Tras a parada estival xa estamos de volta para darvos a benvida ao novo ano escolar. Lembrámovos que o vindeiro mércores día 11 ás 10:00 horas teremos a reunión de princio de curso onde falaremos de todo o que temos programado. Non esquezades vir acompañados dos nenos, haberá unha mestra para estar con eles facendo actividades mentres nós falamos. Aos novos alumnos serviralle para ter un primeiro contacto coa escola arroupados pola súa familia e aos maiores para comezar con máis ganas.
Para os que desexen ir organizándose, arriba teñen  o calendario escolar e, a continuación,  o horario do período de adaptación dos novos alumnos. 
Se tedes calquera dúbida podedes chamar ao colexio ou enviarnos un correo electrónico a escoladeleiro@gmail.com.
Para ver mellor as imaxes, facer clic enriba delas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario