Grazas ao
programa “O Sabor da Aventura está no Mar” no que participa a nosa escola, onte
puidemos gozar dunha excursión a Portonovo. Primeiro visitamos a Lonxa, onde
nos explicaron o funcionamento da poxa e realizamos unha
ficticia. Despois vimos o etiquetado dos
produtos e a información que proporciona. Ao rematar, tocoulle quenda ao porto
e mostráronnos os diferentes tipos de redes e aparellos que empregan para
capturar o peixe. E puxemos fin á xornada cunha rica merenda mariñeira para
coñecer os produtos do mar dende o punto de vista culinario.
No hay comentarios:
Publicar un comentario