Durante
todo o curso foron moitos os momentos nos que os meniños puxeron de manifesto a
súa axuda desinteresada aos demais: ensinando aos máis pequenos a poñerse o
mandilón, recollendo os xoguetes que outros tiraban, lendo contos para quen aínda non tiña a destreza necesaria, animando
aos compañeiros a volver a intentar o que non conseguían, mostrando o mellor
xeito de facer as letras para que saían ben, ensinando a debuxar, defendendo a
quen vían en dificultades, consolando aos que se mancaban ou simplemente
acompañando aos amigos cando o necesitaban. Por todo isto e moito máis, esta
semana os nenos levaron o carné de honra como voluntarios, ¡¡parabéns!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario