domingo, 27 de mayo de 2018

III XORNADA DE EDUCACIÓN VIAL

Un ano máis, o pavillón de Sisán converteuse por unhas horas nun impresionante circuíto con semáforos, pasos de peóns, rotondas e sinais. Os meniños equipados con bicicletas, patinetes, motos e outros vehículos, puideron circular e aprender as normas básicas de educación vial grazas á colaboración da DXT, de Paco de Autoescola Barrantes e ao ciclista profesional Gustavo César Veloso. Rematamos a xornada cunha divertida actuación de monicreques titulada “Caperucita peatona y el lobo veloz” a cargo da mestras Montse de Lois e Olalla de educación física. Graciñas todos polo seu traballo e aos que contribuíron para que estas xornadas fosen posibles.

No hay comentarios:

Publicar un comentario