jueves, 10 de mayo de 2018

EXCURSIÓN A PONTEVEDRA

Como outros anos, esta mañá fomos a Pontevedra a participar nas actividades organizadas para escolares por Afundación. A primeira hora asistimos á preciosa representación de teatro de monicreques Antón Comodón. A continuación vos deixamos un pequeno vídeo resumo da súa actuación.

Despois de recuperar forzas coa merenda, visitamos o Café Moderno, un emblemático edificio onde vimos a exposición De mar a mar: O camiño de Santiago en 3D. Utilizando unhas gafas vermello-cyan que nos regalaron, conseguimos o efecto das tres dimensións. Rematamos a xornada participando nun obradoiro onde os rapaces puideron deseñar o seu cuarto.


No hay comentarios:

Publicar un comentario