Na nosa
escola continuamos coas actividades ao redor de Rosalía de Castro dende
diferentes ámbitos. A biblioteca escolar propuxo que cada aula escollera e
ilustrara un poema da escritora para decorar as súas paredes. A nosa clase elixiu
“Parece unha rosa”. No transcurso da semana os meniños foron escribindo os versos
das estrofas seleccionadas. Despois veu a parte máis complicada para eles,
ordenar os parágrafos. O luns darémoslle os últimos toques e colgarémolo na
biblioteca.
Lembrade que mañá é o
día de Rosalía e toca “Caldo de Gloria”, animádevos a participar cociñando e lendo algún poemiña. Seguro que o pasades ben sacando fotos e enviándonolas.`Despois traballaremos con
elas en clase sobre os ingredientes do caldo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario