domingo, 22 de octubre de 2017

O MEU SER MITOLÓXICO FAVORITO

Levamos un par de semanas creando na biblioteca escolar un gran mural dedicado á mitoloxía galega. Paseniño imos coñecendo e escribindo os nomes deses seres fantásticos polos que os meniños senten unha mestura de atracción e medo. 
O luns invocamos ao nubeiro e ao tronante, para que cos seus poderes, fixeran soltar ás nubes toda a auga que puideran e apagaran os lumes que asolaban Galicia. Pero queremos descubrir moitos máis. Por iso o xoves propuxémosvos traer á escola o nome e imaxe do voso favorito. Para aqueles que aínda non se decidiran, nos seguintes enlaces teñen moitas ideas:

No hay comentarios:

Publicar un comentario