En determinados momentos da xornada, para
traballar cun número reducido de alumnos que permitan un ensino máis
individualizado, dividimos a clase en dous pequenos grupos. Cada ano, os seus
membros cambian para adaptalos á nova realidade do aula. Co cambio chega o
momento de que entre todos os compoñentes de cada grupo elixan como queren
denominarse. Cada alumno propón un nome, facemos un listado e despois procedemos
á votación. As pospostas foron variadas: fadas, pirañas, ovellas, princesas,
toros, leóns … Tras o reconto gañaron
por maioría absoluta TOROS e PRINCESAS.
No hay comentarios:
Publicar un comentario