domingo, 28 de febrero de 2016

XORNADA DE PORTAS ABERTAS 2016

Do día 1 ao 29 de marzo permanecerá aberto o prazo de solicitude de admisión de alumnos para o vindeiro curso 2016/17. Para todas as familias interesadas en matricular aos seus fillos na nosa escola e que desexen coñecer o seu funcionamento,  mañá haberá unha xornada de portas abertas. Ás 16:00 horas poderán visitar a aula e ver súa organización baseada en diversos recunchos de xogo e aprendizaxe. Terán a oportunidade de percorrer as instalacións do centro, falar coas mestras especialistas e aclarar as súas dúbidas e inquedanzas coa que será a futura titora dos seus fillos. Na nosa aula ofertamos 20 prazas das que 10 xa están ocupadas. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario