martes, 23 de febrero de 2016

ÚLTIMAS NOVAS

Nas pasadas semanas foron varias as noticias ao redor das que traballamos cos diferentes xornais. 
A partir das fotografías do diario Marca descubrimos o waterpolo e o balonmán, no encerado dixital vimos un anaquiño dun partido e a mestra Ana explicounos un chisquiño algunhas das súas regras de xogo. Tamén tróuxonos camisetas e unha chea de carnés do equipo de Pontevedra e contounos moitas cousas curiosas. Graciñas Ana por compartir connosco os teus pequenos tesouros.
Pero a noticia que deixounos a todos abraiados foi o incendio no casco antigo de Pontevedra
Vimos fotos e vídeos en internet e comprendemos de inmediato a importancia de saber actuar en caso de emerxencia. 
Para estar preparados, na nosa escola fixemos un simulacro de evacuación e todos actuaron como auténticos chicos maiores. Agora xa sabemos que é imprescindible deixar o que esteamos a facer, saír logo pero en orde, sen empuxar e seguindo á mestra ata o punto de encontro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario