martes, 8 de diciembre de 2015

O APALPADOR


Onte dedicamos a nosa visita semanal á biblioteca escolar a lembrar a figura do Apalpador, ese persoeiro que todos os anos polo Nadal baixa das montañas do Courel a deixarnos unha morea de agasallos. Son xoguetiños que el mesmo realiza coa madeira de mellor calidade que atopa. Vimos os seus contos e despois decidimos que xoguete queriamos que nos trouxera à escola para compartir cos compañeiros. Escribimos as cartas e xa as temos listas para darllas o día da festa de Nadal se pode vir a visitarnos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario