A semana pasada limos o conto “La Feria de Abril”. A través dos seus protagonistas vimos como os nenos prepáranse
para gozar desta festa, descubrimos que actividades realizan, que comen e sobre todo como se divirten.
Na nosa escola tamén quixemos participar desta tradición e
non dubidamos en empregar a nosa imaxinación para vestirnos co traxe típico, montarnos
nun coche de cabalos e poñernos a bailar sevillanas nunha das súas casetas.
Baseándonos no traxe que nos trouxo Adrián,
no conto e nos vídeos de sevillanas que vimos no encerado dixital, cada cativo
pintou os traxes ao seu gusto.
No hay comentarios:
Publicar un comentario