Segundo
o calendario do libro e da lectura 2015 do 2 ao 8 de novembro conmemorouse a Semana da Tradición Oral. Na
nosa escola gústanos especialmente traballar eses coñecementos transmitidos de
forma lúdica de pais a fillos e de avós a netos. Este curso centrámonos nas
nanas, neses cantos cos que arrolamos aos meniños para adormecelos ou calmalos
e que están cheos de aloumiños.
Como Zapatocas, a mascota da biblioteca, sabe que actualmente son moitas as familias
que perderon o costume de cantar nanas aos cativos, preparounos un recuncho
cheo de materiais con arrolos. O luns pasado, na nosa visita semanal, vimos e
escoitamos algunhas nanas pero o que máis nos gustou foi arrolar a Zapatocas e
adormecelo ao ritmo delas.
Bo festivo a tod@s! Canto tempo facía xa que non entrabamos a ver con que actividades andabades, que recordos,...., que maiores os compañeiros cos que compartimos curso. Os "maiores" lembranse moito do cole de leiro, en especial das mestras coas que pasaron a maior parte do tempo, Angeles e Ana e tamen en especial das festas e obradoiro de cociña (Que ben o pasaban). queremos dende aquí desexarvos un Bo Nadal a todos e que o vindeiro ano siga traendo tan bo facer dese equipazo de Mestres que sodes, unha aperta e moitos bicos (de todas esas modalidades que xa sabemos,...)
ResponderEliminar¡Que alegría saber de ti Mencía!... Graciñas polo teu comentario. Moitos bicos para toda a familia e Bo Nadal tamén para vós. Espero que os Reis Magos veñan cargados de agasallos e a ver se nos vemos pronto.
ResponderEliminar