Esta semana foron dúas as noticias arredor
das que traballamos. Por unha banda, o labor das mariscadoras de Vilaxoán retirando as ameixas e os berberechos da praia O Preguntoiro, serviunos para continuar co vocabulario relacionado co marisco.
Por outra, a exposición de monecos de Playmobil empregámola para ver os nomes dos
xornais, a numeración das páxinas e a busca de datas no calendario. Na prensa
dixital vimos as fotos das recreacións dos barcos das invasións viquingas, o exercito de Napoleón, o ferrocarril, o paseo marítimo, as bateas… realizadas coas pezas.
Se queredes visitar esta curiosa mostra da historia de Vilagarcía recreada cos
tradicionais bonequiños, podedes visitala no centro comercial Arousa de Vilagarcía ata o 27 de novembro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario