Dende a semana pasada a nosa bolsiña de
lectura está cargada de contos que teñen as meigas como protagonistas. Hainas boas
e malas, divertidas e tolas, grandes e pequenas … pero todas teñen en común que
nos engaiolan coas súas aventuras. Cada mañá á volta do recreo o encargado do
día escolle entre eles o que imos ler. É un momento case máxico, todos atentos
á expectativa da elección. Despois durante a lectura veñen as emocións: sorpresa,
ledicia, tensión, entusiasmo, medo, ilusión, tristeza, euforia … todo un mundo
de sensacións por vivir a través dos contos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario