Esta mañá na biblioteca nos estaba esperando
unha pota xigantesca para elaborar as apócemas creadas polas familias. Cabeza de
serpe, pata de elefante, sangue de morcego, bigotes de gato, cola de dragón …
Paseniño fomos lendo e botando na pota os ingredientes necesarios
para preparar cada beberaxe. Témolos para quitar as verrugas, cantar, ser
vampiro, príncipe … probámolos todos, pero cremos que o que máis efecto fixo foi
o de Pablo, dende aquela non para de chover … A ver se mañá alguén nos trae un cos
ingredientes necesarios para ter unha xornada solleira o día da festa.
Que ben o pasamos facendo as pócimas!!!
ResponderEliminarNós tamén nos divertimos na aula xogando a preparalas. Moitas grazas a todas as familias pola súa colaboración e a ti en especial polos teus comentarios.
ResponderEliminar