Esta semana, aínda que vimos e limos moitas
novas que chamaron a nosa atención, centramos
o noso traballo semanal ao redor do xornal na prensa deportiva.
A maioría das noticias
que o periódico deportivo que as familias nos traen tratan de fútbol, pero tamén
aparecen multitude de deportes que paseniño iremos descubrindo. Algúns, como o
baloncesto ou o tenis, xa o coñecemos. Outros, como o ciclismo ou o motorismo,
a moitos nenos aínda lle costa nomealos. E outros, como o skateboarding, ata tivemos que pedir axuda á mestra de inglés para lelos
correctamente. O que está claro é que sempre aprendemos cousiñas novas lendo a
prensa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario