Xa sabedes que dende o trimestre pasado os
mércores “temos problemas” cos maiores da aula … Nas últimas semanas realizámolos
xogando con dados. Trátase de, por quendas, lanzar dous á vez e quen saque a
cifra máis alta gaña. Pero para iso temos que ir previamente localizando os
xogadores nun listado, anotar o resultado simbolizando a suma dos puntos e, por
último, escribir o nome do gañador ou gañadores en caso de empate. Parece
complicado pero os maiores xa o teñen interiorizado e visualizar os puntiños do
dado axúdalles a contar. Probade na casa a botar partidas de sumas co dado, xa
nos contaredes que tal resulta.
No hay comentarios:
Publicar un comentario