miércoles, 15 de octubre de 2014

FAMILIAS LECTORAS

Este é o título da exposición que pretendemos realizar, con motivo do Día da Biblioteca Escolar, o vindeiro día 30. Trátase de aproveitar algunha desas ocasións nas que lemos xunto aos nosos fillos para fotografarnos con eles. Unha foto para lembrar eses momentos inesquecibles. Hoxe levamos unha nota para casa con esta nova proposta e unha folla para entregar despois á mestra coa foto pegada. Se o preferides podedes mandala por correo electrónico a escoladeleiro@gmail.com e na escola imprimirémola. O día da festa do Samaín será moi divertido ver todos eses momentos máxicos de lectura en familia. Animádevos a participar.

No hay comentarios:

Publicar un comentario