martes, 16 de septiembre de 2014

OS NOSOS NOMES

Hoxe levamos para casa o noso nome escrito nun folio plastificado para colocalo nun lugar visible. Con el pretendemos ofrecerlle aos nenos un modelo para avanzar na aprendizaxe da linguaxe escrita xa que é un texto sinxelo, curto e pleno de contido para eles. Cos maiores xa pasamos á letra minúscula ligada, en xeral aínda lles costa traballo realizar os trazos correctamente pero se senten orgullosos dos seus avances. Dende aquí animamos ás familias a axudarlles e a valorar os seus esforzos.

6 comentarios:

  1. Moitas grazas por todo o que facedes polos nosos nenos.

    ResponderEliminar
  2. Que contentos viñeron cos seus nomes para a casa.
    Que foto tan bonita de todos xuntos.

    ResponderEliminar
  3. Estupendo blog e xenial o voso traballo. Graciñas por compartilo tan xenerosamente. Como mestra dun grupo de 25 nenas e nenos de infantil de 3 anos (3 con neae importantes) e con poucos apoios en aula, unicamente podo ter envexa do que podedes facer nas vosas aulas. Non sabedes os afortunadas que sodes no voso CRA. Soño con poder traballar algún día coma vós. Unha aperta. Seguide compartindo con tanta ilusión o voso día a día.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Como nai dunha nena que pertence a este CRA permíteme decirche que este traballo e moitos outros que desenrolan e non se ven no blog, fanse grazas ó marabiloso equipo docente que temos e a boa compenetración que hai entre elas (son todas mulleres, este ano en concreto), as veces con pouca cousa estas profes fan auténticas maravillas e os nosos nenos e nenas van medrando e enriquecéndose encantados de pertencer a estes coles. Eu corrixiriate, e se me permites o atrevemento diría que en vez de traballar algún día coma vos, debería ser traballar algún dia con vos, seguro que estarías encantada.

      Eliminar
  4. Graciñas a ti polo teu comentario e as túas palabras. E por suposto, a miña máis sincera admiración por levar adiante un grupo tan numeroso e complicado.

    ResponderEliminar