lunes, 1 de septiembre de 2014

BENVIDOS AO CURSO 2014/15

Despois das vacacións de verán, aquí estamos de novo para darvos a benvida ao curso escolar. Lembrámosvos que o martes día 9 ás 10:30 teremos a reunión de principio de curso onde falaremos entre outros dos seguintes temas:
ü  Información xeral sobre o curso 2014/2015 e normas de funcionamento.
ü  Horarios dos nenos, mestres especialistas e de atención ás familias.
ü Calendario escolar. Excursións, festas e saídas.
üBiblioteca escolar: normas de funcionamento e empréstito. As mochilas viaxeiras
ü  O xardín e a nosa horta escolar.
ü  Blogue da escola.
ü  Período de adaptación dos novos alumnos.
E por suposto aclararemos todas as dúbidas e escoitaremos as vosas suxestións. Vinde acompañados dos nenos, haberá unha mestra para estar con eles mentres nós falamos. Aos novos alumnos serviralle para ter un primeiro contacto coa escola e aos maiores para comezar con máis ganas.
Se necesitades contactar con nós xa sabedes que podedes chamar ao centro, enviarnos un correo electrónico a escoladeleiro@gmail.com ou visitarnos na escola de 9:00 a 14:00. Nos vindeiros días iremos colgando todas as novidades que vaian xurdindo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario