lunes, 17 de marzo de 2014

FRIDA KAHLO

Esta é a artista ao redor da cal imos traballar este ano. Hoxe, na nosa visita semanal á biblioteca escolar, estivemos vendo os libros que temos que falan desta autora e como facer para localizalos. 
Ata final de curso estaremos coñecendo a vida e obra desta pintora mexicana. Imos crear un novo recuncho en clase, se na casa tedes: cadros, láminas, libros, imaxes, postais, xoguetes, DVDs, obxectos, murais, direccións de internet, CDs, debuxos... relacionados con ela, podedes traelo á escola e aprenderemos todos xuntos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario