viernes, 7 de marzo de 2014

COMO ELIMINAR OS ENFADOS…

Descubrímolo fai unhas semanas, na hora de ler, cando vimos o conto “O segredo de Flora”. Nel, a meniña protagonista, comparte con nós as palabras máxicas coas que consigue botar fóra do seu corpo os enfados e as ganas de pegar. Tratase de recitar, mentres sacudimos as mans e os pes, o seguinte texto:
 Gustounos tanto a idea que rapidamente empezamos a memorizala e inventamos un pequeno baile para acompañala. Agora na escola cando nos enfurruñamos, sacudimos e sacudimos ata quedamos tranquilos e non queda dentro do noso corpo ningún desexo de berrar, pegar ou estar malhumorados. Ás veces necesitamos recitalo todos xuntos para que se nos pase pero case sempre o conseguimos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario