¡Como
pasa o tempo!... parece que foi onte cando Ángela empezou na nosa escola e xa
cumpriu seis anos.
Este será o último aniversario que pase connosco. En
setembro comezará primaria no colexio de “maiores”. Antía aínda quedará un ano
máis no noso centro, neste mes de xaneiro cumpriu cinco aniños e nuns meses
pasará a formar parte do grupo dos maiores.
Medramos rápido e cada día somos
máis autónomos.
Despois de tantas tortas de chocolate como levamos feitas xa
sabemos case facelas sen axuda. Agora o que estamos aprendendo e a recoller e
limpar a louza despois da festa. Pero o que máis nos sigue gustando é cantar e
apagar as candeas...

No hay comentarios:
Publicar un comentario