martes, 11 de diciembre de 2012

ENTREGA DE PREMIOS

O curso pasado, o Ministerio de Educación concedeunos o terceiro premio no concurso nacional de boas prácticas na xestión e dinamización das bibliotecas escolares. Despois de case un ano, onte en Madrid por fin tivo lugar o acto de entrega de diplomas na Biblioteca Nacional, ao que fomos invitados. Antes da cerimonia recibimos persoalmente as felicitacións do conselleiro de Educación Xesús Vázquez Abad e do director xeral de Centros e Recursos Humanos, José Manuel Pinal, que facemos extensible a toda a comunidade educativa do noso centro (mestres, familias e alumnos). Dende esta páxina, quería dedicarlle este premio a todas aquelas persoas que, na medida das súas posibilidades, contribuíron a facer da nosa biblioteca escolar o lugar de goce e aprendizaxe que é na actualidade.

No hay comentarios:

Publicar un comentario