Choiva, moita choiva, vento, alerta por
temporal… pero nós fomos igual á escola e quentiños celebramos os aniversarios de
decembro. Tivemos que festexalo na primeira quincena porque o vindeiro venres
realizaremos a festa de Nadal e xa damos vacacións. Neste mes Rubén cumpriu
cinco anos, Brais catro e Aaron tres. Ultimamente sempre facemos dúas tortas,
unha os pequenos e outra os maiores. Deste xeito en pouquiño tempo temos doce
dabondo para todos, aínda que case nunca sobra. Pero para apagar as candeas gústanos
estar todos xuntos na mesma mesa. Desta volta as candeas fixéronnos rabiar e non se daban apagado, pero sopramos
todos con forza e problema resolto.
Repartimos os pratos e a comer cada un na
súa cadeira ben sentadiño. Despois ven o máis complicado, recoller, limpar,
gardar a louza nas bolsiñas … pero os maiores sempre están dispostos a axudar e
entre todos solucionamos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario