A
semana pasada Rubén e Carlos engadiron améndoas ao noso recuncho de froitos
do outono. Descubrimos que, xunto coas castañas, as landras, as noces e as
abelás, son froitos secos. E como nos gusta moito iso de cociñar, decidimos aproveitalas
para elaborar trufas. Desta volta, na nota que levamos o martes para traer os
ingredientes que nos facían falta, engadimos un utensilio: o rodillo. ¡Como nos
gusta!. Estendelo por riba das galletas para esmagalas e convertelas en fariña,
é do máis divertido. Os maiores cunha autonomía total, os pequenos, ao
principio sen controlar a presión pero, cun chisquiño de axuda da mestra, prepararon
en seguida as súas galletas para facer a masa. Despois viña o máis complicado,
sacar a casca aos froitos secos. As noces non teñen problema pero as abelás…
como din os cativos: ¡escapan!... Son pequerrechiñas, redondas e difíciles de
romper. Pero poden agocharse na man con facilidade para xogar a “Rabo de boi,
rabo de besta”. As améndoas son máis brandiñas pero ás veces tamén se nos
resisten. Tras
engadir o leite condensado e mesturar todo, viña de novo o máis divertido,
facer boliñas coa masa e rebozalas en fideos de chocolate. ¡Que ricas!. Ao final
soamente se escoitaba: ¡”profe” quero máis!.
No hay comentarios:
Publicar un comentario