Despois
de dous mesescociñando todos os venres,
comezamos a ter algo de soltura. Xa non nos leva tanto tempo lavar as mans,
limpar as mesas, buscar con relativo orde os ingredientes na mochila, preparar os
utensilios … Agora xa incluso podemos facer con calma a rutina, marcar o
calendario, traballar a receita previamente, aínda que sempre hai quen xunta sen rematar a
dunha semana coa da seguinte … pero a mestra Ana bótanos unha man, e paseniño,
intentamos que todos vaian collendo o ritmo coa escritura, cada un no seu nivel. O máis enriquecedor de ter na aula idades
mesturadas, é observar como os maiores se esforzan por axudar aos máis pequenos
con esa tapa de iogur que non se abre, ese azucre que se nega a saír do sobre
ou esas mondas de plátano que non se queren romper… Cada quen intenta facer as
cousas o mellor que pode na mediada das súas posibilidades, observade as fotos e descubrirédelo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario