Na última semana este é o noso xogo favorito.
Trátase da nosa propia versión da canción “Jugando al escondite” de Rosa León, na
que substituímos ao lobo polo monstro, xa que andamos a voltas con eles. Suponse
que temos que escapar da mestra para que non nos pille, pero a verdade é que
nos encanta cando nos atrapa e nos fai cóxegas. Hoxe como a herba estaba
mollada xogamos no parque. Para aqueles que non coñezan a canción, nos seguintes
enlaces tedes un par de vídeos coa música e a letra: http://www.youtube.com/watch?v=BoRAlduWvWc
No hay comentarios:
Publicar un comentario