Non
vos esquezades, mañá celebramos a festa do Samaín e aínda estades a tempo de
apañar na horta unha cabaza e decorala. Se non tedes, non vos preocupedes, hoxe
na clase xa estivemos facendo probas cunha xigante que nos trouxo a mamá de
María e outra mediana das de Martiño. Cando
teñen o primeiro contacto coa polpa da cabaza, algúns nenos senten noxoe non queren tocala, pero cando xa conseguen ter as mans empezoñadas,
pásano en grande coas sensación que esta
textura produce. É divertido ver como escorregan as sementes cando queremos
collelas. Para que o vindeiro curso todos poidamos ter moitos calacús, estivemos
a separar as pebidas para levalas para casa e sementalas. Pero primeiro temos
que esperar a que sequen para que non se poñan podres.
No hay comentarios:
Publicar un comentario