lunes, 24 de septiembre de 2012

CON CONTOS PARA CASA…

Hoxe, comezou a funcionar a nosa biblioteca escolar. Dende que viramos o bonita que quedara tras as obras de mellora, tíñamos unha chea de ganas de poder levar libros para casa. Os luns é o día semanal que temos asignado para gozar das súas instalacións. Lemos contos, realizamos traballos ao seu redor, miramos as ilustracións, aprendemos onde e como están organizados os libros... pero ao principio costa, os pequenos porque é o primeiro día que levan empréstitos para casa e, os maiores, porque ao cambiar a súa localización non atopan o que desexan…
Pouco a pouco todos van escollendo, uns coas ideas claras, outros cun chisquiño de axuda, pero o importante é que as bolsas de biblioteca e as mochilas viaxeiras xa comezaron a súa andaina anual polos fogares dos cativos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario