lunes, 3 de septiembre de 2012

¡BENVIDOS AO CURSO 2012 / 2013!

Este ano ven cargado de novidades. Espazos renovados na biblioteca do centro e nova distribución da zona de literatura infantil, consulta e empréstito. Aumento do número de compañeiros aos que coñecer, cos que xogar e aprender, pero tamén cos que compartir. Novos mestres especialistas en música e audición e linguaxe.  
Pronto teremos a distribución de horarios e actividades, para os que se queiran ir organizando, aquí vos deixamos o calendario escolar 2012 / 2013, pero lembrade que non están incluídas as festas locais.
Dende este blogue desexamos a todos, maiores e pequenos, un estupendo curso 2012 / 2013.

No hay comentarios:

Publicar un comentario