Para darlle a benvida á primavera en
moitas zonas de Galicia celébrase a festa dos Maios. Tratase dunhas
construcións feitas con paus e recubertas de fiúncho, flores, ovos e laranxas
ao redor das cales cántase ao ritmo de claves, con variantes dependendo da
localidade. O vindeiro venres realizaremos un na nosa escola, pero para que
todo saía ben temos que ensaiar o ritmo e aprender as cantigas. Sobre todo
temos que practicar para coller ben os paus e non golpear a ningún compañeiro
nin mancarnos nós. Danzar cantando ao redor do maio, todos na mesma dirección,
levar as claves pousadas nos ombreiros, parar ao rematar a cantiga e golpear os
paus apuntando ao maio e seguindo o ritmo … ¡que difícil¡…É complicado pero
sempre acabamos conseguíndoo. Primeiro ensaiamos con palmas, despois con rotuladores
coa mestra de música e, por último, coas claves. Aínda temos que facelo
máis veces pero como podedes ver nas fotos xa nos sae bastante ben … É que nos
gusta moito ter os paus e sabemos que se golpeamos onde non debemos a mestra
nolos quita.
Pero maio, ademais de flores ven cargado
de tradicións, como a de por nas casas, cortes, coches … xestas para "que
non poida entrar o maio, nin collan o meigallo".Dende http://enmupsico.blogspot.com.es/2012/04/onde-puxeches-o-maio.htmla mestra María propón continuar coa
tradición e mandar fotos. Animádevos a participar, na nosa escola apañaremos a
xesta mañá e colocarémola na porta non vai ser …
No hay comentarios:
Publicar un comentario