Este ano, para festexar o día da Non Violencia, propuxemos crear o noso propio xogo da paz a partir do tradicional “Puño puñete”, no que os xogadores van poñendo as mans unhas sobre outras de xeito alternativo formando unha columna.Cada un de nós, eliximos a cor que queremos dar ás nosas mans:vermello,azul, granate,verde,laranxa,lila, dourado,rosa... todas serven e todos xogan, cunha única condición: non se poden repetir cor, canta máis variedade mellor, as diferenzas enriquecen. Facemos o listado das pinturas escollidas e dos participantes. Escribimos o recitado para non esquecernos e poderllo ensinar á familia. Cada un elabora a súa man co seu nome e a súa cor. Cun fio imos engadindo as mans dos nosos amigos co seu nome e cor correspondente, cantos máis mellor, máis divertido. ¿Xogades?... ¿Cal é a vosa cor?...
No hay comentarios:
Publicar un comentario