jueves, 10 de noviembre de 2011

RECREOS CHUVIOSOS…

Todo está pingando outra vez… non podemos saír ao patio. Pero non nos importa. Carreiras de cabalos, construción de casiñas e barcas coas pontes de goma escuma, agocharnos no interior do túnel e rodar sen parar… Tamén dentro pasámolo ben cos nosos amigos da escola… Iso si, ás veces cústanos compartir, esperar quenda, axudar aos demais, defendernos sen pegar…

No hay comentarios:

Publicar un comentario