jueves, 27 de octubre de 2011

PREPARÁNDONOS PARA O SAMAÍN…

É tempo de baleirar cabazas e na escola tamén queríamos facelo. Na aula tíñamos unha chea, pero todas eran máis ben pequerrechiñas. Onte a mamá de Martiño e a de María trouxéronas xigantes. Unha delas case, case máis grande ca nós. Pero entre todos conseguimos movelas. A mestra fixo os buratos, e nós, aínda que ao principio cun pouquiño de noxo, sacámoslle a polpa, separamos a pebidas e decorámolas…




  Xa están listas para a festa de mañá… Non vos esquezades das castañas que tamén temos Magosto.

2 comentarios:

  1. Encantame ver todo o traballo que facenes na escola, un saludo.

    ResponderEliminar
  2. Graciñas, para nós é unha satisfacción saber que na casa vos interesades polo que facemos na escola.

    ResponderEliminar