viernes, 7 de octubre de 2011

PECHADO POR OBRAS…

Levamos un par de semanas con obras de acondicionamento no patio do recreo. Agora temos peche novo e un espazo cerrado máis amplo para correr sen chocar cos compañeiros. Hoxe levaron os columpios para pintalos e arranxar os que estaban deteriorados polo que xogamos na zona nova. Pero, o que máis nos sigue gustando, é enredar coa area aínda que as mamás berran por vernos tan sucios. A elas cústalle comprender que así interiorizamos conceptos complexos como o volume, a forma, o tamaño… axúdanos a descubrir a relatividade da cantidade e do peso en relación co recipiente… enriquecemos o noso vocabulario con palabras como cheo, baleiro, máis que, menos que… pero sobre todo, disfrutamos moito.

No hay comentarios:

Publicar un comentario