domingo, 9 de octubre de 2011

CANAPÉS DE QUEIXIÑO E NOCES

Paseniño imos conseguindo comportarnos como auténticos cociñeiros. Todos temos claro que non podemos meter as mans na boca e xa sabemos quitar as cascas ás noces. O venres aprendemos a pelar queixiños e untalos en tostas. 
 Moitas mamás dicían que non nos gustaban, pero todo é moi diferente cando preparamos nós mesmo a comida acompañados dos nosos amigos. 
 Paralelamente, imos aprendendo a redactar notas para lembrarnos de traer os ingredientes á vez que nos familiarizamos coas receitas como tipo de texto.

No hay comentarios:

Publicar un comentario