Continuamos o noso traballo ao redor dos nomes do
alumnado da aula. Nesta ocasión centramos a atención na inicial de cada un. Se
vos apetece podedes facer a mesma actividade na casa cos nomes da familia.
martes, 22 de noviembre de 2022
NOMES QUE EMPEZAN POR…
PARA MERENDAR RENOS DE MANDARINA
O Nadal chegou ás propostas culinarias da fin de semana. Comezamos
con esta divertida receita chea de vitaminas.
lunes, 14 de noviembre de 2022
O GOLFIÑO MANOLIÑO
A semana pasada, a noticia aparecida no xornal La
Voz de Galicia sobre o golfiño Manoliño, serviunos de detonante para
coñecer algunhas características deste simpático animal. Esperamos
que pronto consigan extraerlle o arpón. Estaremos
atentos ás novas publicadas.
CONTANDO DINOSAUROS
O conto “Diez dinosaurios
terribles” que limos na biblioteca escolar serviunos de detonante para traballar a numeración ata o
10 durante varias semanas. Preparados para contar?
COGOMELOS
O outono chega ao noso obradoiro de cociña cuns
divertidos cogomelos que xa elaborou o noso chef Brais. Mirade que prato tan
saudable e colorido!
E despois de tanto traballar … A comer!
A ARAÑA PEQUENIÑA
Como nos gusta esta canción! E se a acompañamos das arañas que realizamos con tubos de papel, moitísimo máis.
miércoles, 9 de noviembre de 2022
A PIZZA TELARAÑA DE ANTÍA
Xa temos a creación da nosa cociñeira Antía. Mirade que
boa pinta ten a súa pizza con araña xigante incluída!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)