Este curso
o circo será o tema central do noso
proxecto anual de centro. E como O Circo de Portugal está de xira pola nosa comarca, aproveitamos a oportunidade
para asistir está mañá a unha das actuacións que realizará en Vilagarcía de
Arousa. Cunha mestura de emocións, os meniños gozaron coas diversas actuacións e
seguro que hoxe terán moito que contar as súas familias.
jueves, 27 de septiembre de 2018
martes, 25 de septiembre de 2018
AO RICO BOCATA…
Esta
semana foron xa cinco nenos os que se animaron a poñerlle as pilas o seu bocata
con produtos do mar. Por agora o atún é o ingrediente favorito pero esperamos que
pronto se animen a probar novos sabores: mexillóns, xoubiñas, cabala, sardiñas,
chocos, calamares, polbo… Os álbums
xa están en marcha. En clase os meniños estanos a cubrir coa data e o produto elixido. A ver se na
vindeira semana anímanse máis nenos a descubrir os sabores do mar.
lunes, 24 de septiembre de 2018
A BIBLIOTECA ABRE AS SÚAS PORTAS
Hoxe comezou
a funcionar a biblioteca escolar. Cada luns visitarémola para traballar a
educación documental e a animación á lectura. Ademais, cada neno levará un
libro a súa elección menos un que, de xeito rotativo, levará unha mochila viaxeira cargada de libros para toda a familia. Os contiños van en bolsiñas
para protexelos na súa viaxe ata os fogares dos cativos, axudádenos a coidala. Dentro atoparedes tamén unha nota coas normas de
funcionamento e empréstito.
domingo, 23 de septiembre de 2018
COMEZAMOS COAS ANDAINAS
Un ano
máis, co obxectivo de combater o sedentarismo entre os máis pequenos e potenciar
as actividades ao aire libre, cada día imos camiñar ao redor da escola. Deste
xeito, ademais de adquirir hábitos saudables, unímonos ao reto das escolas da milla, desenvolvemos unha maior resistencia e aprendemos a desprazarnos en
orde cando imos en grupo.
viernes, 21 de septiembre de 2018
A AULA DE NATUREZA E INGLÉS
Hoxe foi
a mestra Anabel a que veu a presentounos ás súas mascotas do aula de inglés: un
ratiño e un dinosauro moi divertidos pero cos que temos que empregar a lingua
inglesa se queremos que nos entendan.
E rematamos a semana coa mestra Ana. Con ela, na aula de natureza, aprenderemos a coidar o medio ambiente empezando polo xardín e a horta escolar.
E rematamos a semana coa mestra Ana. Con ela, na aula de natureza, aprenderemos a coidar o medio ambiente empezando polo xardín e a horta escolar.
jueves, 20 de septiembre de 2018
AS MESTRAS ESPECIALISTAS
Onte a
profesora Olalla de música contounos como van ser ás súas clases e as actividades
que va a desenvolver . Hoxe, antes da merenda, tocoulle quenda á mestra Belén
de audición e linguaxe coa que aprenderemos articular e pronunciar mellor.
Despois
do recreo, coa profesora Olalla de Educación Física, lembramos todo o que
faremos para estar en forma e aumentar as nosas capacidades.
E, como tamén nos dará informática, a última hora, antes de marchar para casa, fomos á aula de ordenadores para ensinarlla aos novos alumnos e recordar as normas de comportamento.
E, como tamén nos dará informática, a última hora, antes de marchar para casa, fomos á aula de ordenadores para ensinarlla aos novos alumnos e recordar as normas de comportamento.
miércoles, 19 de septiembre de 2018
Suscribirse a:
Entradas (Atom)