miércoles, 31 de mayo de 2017

REMATAMOS O NOSO CALENDARIO

Onte, coa confección da portada que sirve de guía de lecturas, rematamos o noso calendario escolar dedicado a Leandro Lamas. Agora soamente nos queda encadernalo e listo para empeza a usar en setembro.





lunes, 29 de mayo de 2017

NA HORA DE LER…O MUNDO QUE QUEREMOS

Como todos sabedes, este ano as actividades do Salón do Libro de Pontevedra xiraron ao redor de “O mundo que queremos”. Dende a biblioteca escolar, para conmemorar o Día do Libro, editouse unha guía de lectura baixo este lema e hoxe levamola para casa. Na clase aproveitamos esta selección para reflexionar á hora de ler sobre os temas neles tratados. Esperamos que no fogar gocedes tanto coma nós coa súa lectura.

domingo, 28 de mayo de 2017

EXCURSIÓN A SANTIAGO DE COMPOSTELA

Despois de todo o ano falando do Camiño de Santiago, tiñamos que ir coñecer a cidade e sobre todo a súa catedral. Pero ademais aproveitamos a xornada para visitar o parque de bombeiros, o conservatorio e o museo.

sábado, 27 de mayo de 2017

LETRAS GALEGAS 2017

Este ano Carlos Casares e os seus libros foron os protagonistas das letras galegas.
 A galiña azul, Lolo anda en bicicleta, As laranxas mais laranxas de todas as laranxas … Na escola limos os seus contiños, copiamos os seus títulos e ilustrámolos para participar II concurso de debuxo das letras galegas do ANPA do centro.
Se na casa tamén queredes aprender cousiñas sobre a vida e obra deste autor, probade a facer clic nas imaxes e accederedes ás actividades en liña do Seminario Galán.

viernes, 26 de mayo de 2017

II XORNADA DE EDUCACIÓN VIAL

Choveu, tronou, marchou a luz … pero o mal tempo no impediu que nós desenvolveramos igual a nosa xornada de educación vial prevista para hoxe. Os meniños conduciron bicicletas, patinetes, motos e vehículos do máis diverso por un circuíto con semáforos, rotondas, pasos de peóns e sinais. Grazas ao esforzo e dedicación de Paco da autoescola Barrantes, un ano máis, aprendemos a desprazarnos de forma segura. Despois viñeron os contos, o paseo no coche da Garda Civil e no camión, a charla da DXT e ata un divertido obradoiro de cociña. Rematamos coa actuación en inglés kids&Us e os seus lúdicos contacontos.