Esta e a proposta de Rita para intentar que a
mestra Ana supere o seu medo aos roedores. Trátase dunha rica receita de cociña
que preparou na casa. Tamén Mencía intentouno a través da papiroflexia cun dificilísimo
e precioso rato que realizou coa axuda do seu papá. Falamos de probar xogando a
“Ratón que te pilla o gato” pero nin coa cociña, nin coas manualidades, nin cos xogos lográmolo.
Hoxe xa nos deixou claro que por moito que fagamos, nin soporta nin soportará
aos ratos. Decidiu superar o seu medo asumíndoo.
Mentres, na aula, seguimos co noso caderno viaxeiro de animais que non asustan e
as nosas particulares estratexias para vencer os nosos temores. Mañá temos
previsto xogar a “Buscar un león” e intentar dominar así o susto aos felinos, dende que Adrián
propuxo o león temos moitas ganas, a ver que tal o pasamos.
miércoles, 5 de noviembre de 2014
martes, 4 de noviembre de 2014
O NOSO RECUNCHO DA SELVA AMAZÓNICA
Libros, atlas, enciclopedias, revistas,
peluches, bonecos, contos, animais… o noso
recuncho da Selva Amazónica medra constantemente grazas ás achegas dos cativos.
Todas as semanas atopan algunha cousiña que o enriquece: un conto, un xoguetiño,
unha imaxe, un CD, unha publicación… ás veces os obxectos e documentos quedan
definitivamente pero outras son visitas
temporais, veñen pola mañá e á hora da saída non podemos separarnos deles e
volven para casa. O importante é que todos aprendemos de todos e compartimos.
Hoxe,
baseándonos nas lindas lianas e follas que a mestra Ana preparou para a
biblioteca escolar, estivemos decorándoo. Pintar cos dedos sempre nos gusta e ao
recanto deulle un toque selvático. Unha vez máis graciñas a todas as familias
pola súa implicación e colaboración.
lunes, 3 de noviembre de 2014
ANIMALES DE LA SELVA
Este é o título
do último libro que entrou a formar parte da nosa biblioteca de aula e ao redor
del cal estivemos traballando nas últimas semanas. Ademais de información en formato de guía de campo e bonitas ilustracións, trae pezas para montar oito
animais da Selva Amazónica cos que nos encanta xogar á vez que nos imos
familiarizando cos seus nomes. O tapir, o guacamayo escarlata, o coatí e o morcego vampiro son algúns dos vertebrados que coñecemos graciñas a este volume. Nos vindeiros
días continuaremos traballando para aprender máis cousiñas sobre eles.
jueves, 30 de octubre de 2014
miércoles, 29 de octubre de 2014
PREPARANDO O SAMAÍN E O MAGOSTO 2014
Baleirar os calacús, separar as sementes da polpa,
poñer as pebidas a secar, xuntar os restos da cabaza para darllos á avoíña de
María e a Cuco, o porquiño de Mencía, furar os cabazos, colocar as candeas,
facer e decorar os cucuruchos para as castañas … ¡canto traballiño levamos hoxe!
Pero … ¡como nos divertimos apagando as luces e vendo os calacús iluminados!. Un
biquiño moi especial para as avoíñas de María e Mencía por deixarnos as súas
cabazas xigantes e poder ter tan enriquecedora experiencia.
E non vos esquezades, mañá hai festa rachada
coa exposición “Familias lectoras”, exhibición de calacús decorados, xogos, cancións,
contos e películas de medo… E para rematar, un magosto familiar a partir das 12
e a actuación de Anxo Moure. Non faltedes.
martes, 28 de octubre de 2014
MÁIS ANIMAIS QUE NOS ASUSTAN
O noso caderno viaxeiro continua a súa andaina polos fogares dos cativos. Cada vez
coñecemos máis animais que espertan os nosos temores á vez que enriquecemos o
noso vocabulario. Na aula estamos facendo un mural entre todos e aprendendo como
se escriben os nomes. Por se queredes ir traballando sobre o tema, nos vindeiros días chegará as casas dos máis pequenos da
escola, pero xa hai quen ten moi clara a súa elección.
lunes, 27 de octubre de 2014
TARÁNTULA
¡Que medo nos dan as arañas!... O venres,
antes de cociñar, estivemos vendo libros que falan delas e limos que a maioría son
inofensivas e moi necesarias para controlar ós insectos. Incluso hai un baile
chamado tarantela
que se danzaba coa finalidade de curar os efectos producidos pola mordedura da
tarántula. A ver se aprendemos a realizalo.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)