martes, 24 de enero de 2023

AS MANS PREHISTÓRICAS DE AARÓN E LÚA

 

O noso cociñeiro Aarón meteu de cheo as mans na masa para elaborar unhas mans prehistóricas espectaculares.

Metidiñas no forno parecen iguais ás do noso amigo Croniñón.

Levou moito traballiño pero mirade que ben lle quedaron.

A nosa cociñeira Lúa tamén elaborou a receita coma unha autentica chef.

Paseniño foi colocando todos os ingredientes.

Ata quedar listas para comer. Que ricas!

FELICIDADES NOA!

 

O pasado sábado, Noa cumpriu 6 anos. Xa é tan maior que necesitamos dúas tortas para que colleran todas as velas! Parabéns Noa!

viernes, 20 de enero de 2023

MANS PREHISTÓRICAS

Continuamos coa temática da prehistoria nas nosas propostas culinarias para a fin de semana.

O noso chef Brais e a súa irmá Lía foron os primeiros en animarse a elaborar unhas espectaculares mans prehistóricas.

Mirade nas imaxes de todo o proceso, que boa idea tiveron para facer as uñas!

 Que rico e divertido!

jueves, 19 de enero de 2023

XOGANDO CO DADO

 

Hoxe empregamos o dado para traballar a serie numérica, o conteo e as grafías. Tiñamos que lanzar o dado, anotar o nome do xogador e o resultado obtido.


 Despois, comparamos as cantidades acadadas por todos os xogadores e escribimos o nome de quen obtivo a puntuación máis alta. 

 Podedes probar a xogar tamén na casa.

lunes, 16 de enero de 2023

PARA MERENDAR… UN MAMUT!

A prehistoria chegou as nosas propostas culinarias da fin de semana cunha divertida receita: un mamut. A nosa cociñeira Noa xa fixo a súa propia versión empregando tortiñas cama base. Mirade que chuliño lle quedou.

 

viernes, 13 de enero de 2023

EL MAMUT CHIQUITITO

Como nos gusta a canción e o baile que nos ensinou a mestra Marta de Ribadumia!

 

Ademais de aprender a letra e o baile, descubrimos como debuxar un mamut a partir da contorna da nosa man.


miércoles, 11 de enero de 2023