Xa temos as fotos das bruxas elaboradas por Ana e Noa.
Mirade que riquiñas quedan empregando arándanos para os ollos e cenoria como
nariz. Grazas familia por compartir connosco as imaxes de todo o proceso.
jueves, 11 de noviembre de 2021
AS BRUXAS DE ANA E NOA
lunes, 8 de noviembre de 2021
LEONARDO DA VINCI
Xa estamos en novembro, o mes da ciencia na
biblioteca. Este ano imos dedicalo a un persoeiro excepcional: Leonardo da
Vinci. Zapatocas xa nos preparou un recuncho con diversos libros para que
atopemos información dabondo. Paseniño iremos léndoos e familiarizándonos coa vida
e obra deste excepcional artista.
domingo, 7 de noviembre de 2021
TERU TERU BOUZU
Esta semana rematamos coa temática das
pantasmas coñecendo a un tradicional do país natal de Yayoi Kusama: Xapón.
Trátase do Teru Teru Bouzo. Un boneco feito con papel branco que se colga nas ventás nos días e
chovia. É unha especie de amuleto que se emprega para atraer o bo tempo.
Como nós queremos que faga sol para poder saír a xogar fóra, esta semana
realizámolos coa axuda das mestras Olalla e Ana.
Aquí tedes unha animación onde dous irmáns teñen desexos opostos e os seus Teru Teru Bouzu comezan unha danza para loitar polo sol e a choiva respectivamente. Animádevos a construír os vosos Teru Teru Bouzu e personificalos, se mandades as fotos ao noso correo escoladeleiro@gmail.com publicarémola no blog.
BRUXAS
Esta semana despedimos as nosas suxestións culinarias
dedicadas ao Samaín co personaxe máis clásico: a bruxa e a súa vasoira. Dúas divertidas
receitas para elaborar en familia.
miércoles, 3 de noviembre de 2021
ANDAINAS
Co obxectivo de fomentar a actividade física e evitar o
sedentario, un curso máis comezamos coas nosas andainas diarias ao redor da
escola. Por outra banda, este adestramento serviranos para facer a final de
curso o pequeno tramo do Camiño de Santiago que pasa pola nosa localidade.
Ademais, ao estar a nosa escola inmersa na natureza, en
cada camiñada atopamos pequenos descubrimentos cheos de posibilidades: un
formigueiro, unha bolboreta, os buratos da toupeiras …
martes, 2 de noviembre de 2021
SAMAÍN 2021
O venres pasado celebramos na nosa escola a festa máis terrorífica do ano. Grazas á mestra Olalla pasamos unha xornada de medo na que houbo unha exposición de cabazas, bailes, cancións, xogos e diversos obradoiros.
Ademais, a mamá de Izan, un neno da escola
Sisán, deleitounos cunha dramatización espectacular do conto Corre, corre
cabaciña.
Por se todo isto fora pouco, a ANPA do colexio organizou
un magosto e unha nutritiva merendola a base de chulas de calacú, pantasmas de
plátano e cabazas de mandarinas. Grazas a todos por facer posible un día tan
especial.
BALEIRANDO CALACÚS
Unha das actividades que máis gusta aos meniños
relacionada co Samaín é baleirar cabazas e decoralas. A semana pasada coa
mestra Ana, ademais de facelo, os nenos separaron as pebidas da polpa para obter
sementes que plantar o vindeiro curso.