Marta é a primeira nena de Leiro en participar na proposta para conmemorar o Día do Libro. Na recreación da portada converteuse na protagonista do conto Sofía Alegría: experta en unicornios. Disfrazouse coma ela e ata imitou a súa postura á perfección. Moitas grazas!
jueves, 22 de abril de 2021
miércoles, 21 de abril de 2021
martes, 20 de abril de 2021
COÑECENDO A DON QUIXOTE
Co gallo do Día do Libro, onte Zapatocas preparounos unha
recompilación de libros ao redor da figura de Don Quixote. No transcurso desta
semana iremos coñecendo algúns dos personaxes e aventuras da obra máis coñecida
de Miguel
de Cervantes.
lunes, 19 de abril de 2021
PONLLE AS PILAS AO TEU BOCATA
Para coñecer as virtudes das conservas de produtos do mar,
desenvólvese a campaña Ponlle
as pilas ao teu bocata. Dende a escola sumámonos a esta iniciativa
propoñendo cociñar un saboroso bocadillo Neutrón.
Neste enlace
tedes as múltiples opcións que levaron os meniños o venres no tríptico
informativo, animádevos a elaborar o que máis vos apeteza.
viernes, 16 de abril de 2021
TESOUROS NAS ANDAINAS
Coa chegada do bo tempo recuperamos as nosas andainas diarias na contorna da escola. Ademais de adestrarnos, por se a final de curso podemos facer un anaquiño do Camiño de Santiago coma outros anos, cada día atopamos pequenos tesouros.
Onte descubrimos unha chea das herbas que a mestra chama
“coxeguiñas”. Estivemos apañando nelas para facer un ramo de flores secas que
hoxe adornamos reciclando recortes de plástico. Coa axuda da mestra Ana
investigamos e soubemos que se trata da briza,
unha herba que ten ademais outros nomes tan fermosos coma “tremedeira”.
jueves, 15 de abril de 2021
PREPARANDO O DÍA DO LIBRO
O vindeiro día 23 celébrase o Día Internacional do Libro. Para conmemóralo Zapatocas compartiu connosco esta divertida proposta que realizaron noutros coles. Trátase de escoller un conto e, con materiais que teñades na casa e a vosa imaxinación, recrear a súa portada. Cando a teñades lista, mandade por correo electrónico a foto da portada orixinal do conto elixido e a foto coa vosa recreación a escoladeleiro@gmail.com. A modo de exemplo iremos publicando nesta entrada as que estamos a facer as mestras.
AS FLORES DE FROITA DE ERIK
Erik tamén animouse a cociñar flores de froitas incluíndo
un nutritivo ingrediente: aguacate. Mirade nas fotos que ben lle queda.
























