O venres remata o prazo do Concurso de Postais do Concello de Ribadumia, polo que as nosas teñen que quedar listas o
xoves o máis tardar. Hoxe estivemos vendo unha chea delas que tiña a mestra doutros
anos para coller ideas e poder engadir detalles ás nosas. Moitos nenos xa
remataron as súas e ata os máis pequerrechiños están facendo cousiñas moi
riquiñas coa axuda da profesora Ana, a ver se teñen sorte e gañan.
martes, 9 de diciembre de 2014
domingo, 7 de diciembre de 2014
TRUFAS BRASILEIRAS
Con esta adaptación dos brigadeiros,
receita típica do Brasil que vimos no libro “El correo flotante de Félix”, o venres dimos por rematado o noso obradoiro de cociña
dedicado a “A Selva Amazónica”, esteticamente non nos saíron moi ben pero estaban
para chupase os dedos.
jueves, 4 de diciembre de 2014
XOGO DA OCA AMAZÓNICO
Este foi o xogo da oca que construíu Rita coa
axuda da súa familia e que trouxo á escola para compartir con nós. Nas casillas
aparecen imaxes que teñen A Selva Amazónica coma tema central. Fíxonos moita ilusión
ver representados aspectos que traballamos ao longo deste trimestre: a bolboreta caimán, a piraña,
o golfiño rosado, os froitos do amazonas, o xaguar… Ademais
de pasalo en grande botando a nosa partida dos mércores, engadímoslle a emoción
dos perigos da selva. Unha vez máis graciñas
a todas as familias por colaborar coa escola dende ámbitos tan diversos.
miércoles, 3 de diciembre de 2014
OCA EN FAMILIA
Xa temos a primeira foto das partidas de oca
en familia que propuxemos nunha entrada a pasada semana. Carla e o seu papá animáronse a inaugurar
esta pequena exposición fotográfica virtual. A ver se nos vindeiros días chegan
máis ao noso correo escoladeleiro@gmail.com. Tamén están invitados a participar os nosos antigos
alumnos, mestres e resto da comunidade educativa, será divertido vervos xogando
en familia.
O venres chegounos ao correo a imaxe do noso segundo participante na nosa particular mostra. Aaron optou por unha partida coa súa mamá diante da árbore de Nadal que acababan de montar.
Unha linda postal para felicitar aos nosos amigos nestas datas tan especiais. Seguro que esta ponte tedes máis tempo para gozar en familia e animarvos a enviar as vosas fotografías. Avós, primos, tíos e demais parentes poden contribuir a este maratón de xogos de mesa.
O venres chegounos ao correo a imaxe do noso segundo participante na nosa particular mostra. Aaron optou por unha partida coa súa mamá diante da árbore de Nadal que acababan de montar.
Unha linda postal para felicitar aos nosos amigos nestas datas tan especiais. Seguro que esta ponte tedes máis tempo para gozar en familia e animarvos a enviar as vosas fotografías. Avós, primos, tíos e demais parentes poden contribuir a este maratón de xogos de mesa.
SEMENTES PARA CONTAR
Cando baleiraramos as cabazas para a festa do
Samaín, separaramos as pebidas e deixarámolas secar para plantalas cando fora o
seu momento. Aínda que colleron un aspecto un pouco raro debido ao papel de
periódico no que estiveron pousadas, xa puidemos manipulalas sen mancharnos e
gardalas.
A semana pasada cada neno levou 10 para casa coa idea de que a
sementen e ter para o vindeiro ano moitos calacús. Primeiro tivemos que facer
sobres con folios reciclados, retirar as que non servían e contar. Hoxe o
fixeron os que estiveron enfermiños. As que sobraron servíronlle aos maiores para
iniciarse na suma de pequenas cantidades cando non nos chegan os dedos.
Mentres, os máis pequenos, estiveron loitando
coa grafía do número tres. ¡Que difícil é facela aos tres anos!. Ensaiamos
moito no encerado e, aínda que case
sempre saen con máis pinta de serpe que de número, cando o conseguen quedan
felices.
martes, 2 de diciembre de 2014
A AVESPA ASIÁTICA
Vímola fai unhas semanas no número 303 dun xornal
chamado Fouce que nos trouxo Mencía. No artigo limos que son perigosas porque
matan ás abellas para comer o seu tórax causando un grave dano ás colmeas. No
reportaxe di que as persoas expertas aconsellan construír trampas, nós
intentamos facelas cunha botella pero o resultado non foi moi bo que digamos, aínda
que serviunos para ter unha idea de como poderían ser.
O xoves Rita deunos un avespeiro baleiro que
atopara o seu pai e retomamos o tema. Estivemos observándoo, buscamos
información nos libros que temos na biblioteca, vimos como medran as larvas no
seu interior, reflexionamos sobre o perigosas que poden chegar a ser e, hoxe, comparámolo co niño das avespas asiáticas que ven no periódico e
rematamos o noso traballo ao redor da noticia.
lunes, 1 de diciembre de 2014
YANOMAMI
Suscribirse a:
Entradas (Atom)