miércoles, 8 de mayo de 2013

UNHA TAZA DE NOVA YORK

María contounos que foi un agasallo que lle trouxo unha amiga da súa mamá cando foi de viaxe a esa cidade. En clase estivemos vendo o que significaba canda unha das letras que nela aparecen, ao principio líamos “I”, corazón, “Y” e “N”. Agora xa entendemos que iso quere dicir: “¡Eu amo Nova York!”.

martes, 7 de mayo de 2013

TORTA DE FROITAS

Para todos aqueles que non lles dera tempo de celebrar o día da nai, aquí lle deixamos a nosa proposta: sorprender ás mamás e ás avoas cunha sinxela e rica torta de froitas. Nós cociñámola o venres pasado, nas fotos podedes ver a receita e o proceso…

lunes, 6 de mayo de 2013

FELIPA E AS NOSAS MAMÁS

Como vos comentamos, a partir do retrato que Salvador Dalí fixo da súa nai, intentamos debuxar as nosas mamás para renderlles unha pequena homenaxe. Este é o resultado, esperamos que vos guste.


sábado, 4 de mayo de 2013

ADIVINANZAS DE ANIMALES

Aínda que a que escollemos para o mes de marzo é moito máis difícil que as anteriores, o titulo xa é unha pista. Sacámola da colección Adivinanzas da editorial La Galera, do libro dedicado ás de animais.
Cada unha das adiviñas que aparece no exemplar, ven acompañada de tres pistas para axudarnos a  acertalas. Traballámola o mércores e seguro que máis dun cativo lémbrase da solución. ¿Quen nos envía un comentario coa resposta?... se non recibimos ningún, comezaremos coas pistas que proporciona o libro.

viernes, 3 de mayo de 2013

A MAMÁ DE DALÍ

Como este domingo celébrase o día da nai, esta semana coñecemos a Felipa, a mamá de Salvador Dalí. Observamos o retrato que o artista realizou dela e, intentando aprender da súa obra, debuxamos ás nosas mamás. Todas saíron guapísimas pero, como hoxe non conseguimos rematalas, será a vindeira semana cando presentemos en sociedade aos pequenos artistas de Leiro. Tamén vimos os retratos que Dalí realizou do seu pai e da súa irmá, pero esta fin de semana as protagonistas serán as mamás.

jueves, 2 de mayo de 2013

¡MENCÍA ATOPOU A MOEDA DE DON QUIXOTE!

De Miguel de Cervantes temos xa moitas e pensabamos que non encontraríamos ningunha coa figura de Don Quixote. Pero fai uns días Mencía tróuxonola e vímola. Hoxe traballamos máis detidamente ao redor dela. Reparamos na súas cores e intentamos interiorizar o seu valor. Co resto das moedas continuaremos realizando actividades nos vindeiros días, mentres, seguimos lendo os libros de Don Quixote da nosa bolsiña de lectura, agora temos tamén os que nos prestaron na Biblioteca Municipal de Meis.

miércoles, 1 de mayo de 2013

¡CHEGOU MAIO!

O mes das flores, e comezamos cos xogos relacionados coa festa que realizaremos o día 16 para darlle a benvida á primavera. Aínda que o venres corría un vento toleirón que nos tiña a todos alterados, puidemos volver a xogar a sombra do noso carballo. Para os que non vos lembredes da música, tédela na entrada “¿Cómo planta usted las flores?” do curso pasado. Para os que xa a teñen controlada, poden ir pensando as diferentes partes do corpo que queren dicir cando volvamos a xogar.