Esta semana por fin repartimos os
biquiños que fixeramos en xaneiro. Con eles enchemos as caixiñas que
decoraramos imitando o estilo de Yayoi Kusama. Levámolos para casa gardadiños por se durante o verán
botamos en falta aos amiguiños.
miércoles, 22 de junio de 2022
A CAIXIÑA DOS BICOS
lunes, 14 de marzo de 2022
BICOS PARA A PAZ
Alá polo
mes de xaneiro, a partir do contiño De que cor é un bico?, comezamos a traballar
ao redor dos bicos. Cada meniño escolleu unha cor coa que representar os seus. Con
todos eles creamos un mural cos nosos desexos de paz.
miércoles, 2 de febrero de 2022
O BICO DE PIZZA DE NOA
Noa tamén animouse a cociñar un bico de pizza e mandounos
as fotos do proceso. Mirade que chuliño lle quedou!.
lunes, 31 de enero de 2022
BICOS DE PIZZA
Utilizando coma base de inspiración o contiño De que
cor é un bico?, a fin de semana pasada propuxemos cociñar bicos de pizza. Noel
elaborou unha espectacular. Mirade nas fotos que nos enviou que ben lle quedou.
Moitas grazas Noel por compartir as imaxes connosco!
Para os que se animen a seguir cociñando ao redor da
temática dos bicos, neste
enlace tedes máis receitas.
miércoles, 26 de enero de 2022
DE QUE COR É UN BICO?
Á protagonista do conto ao redor do que andamos a traballar na clase, o que máis lle gusta é pintar. Pinta cousas de mil cores ... pero non pintou nunca un bico. De que cor será?
Nós decidimos simbolizalos con forma de corazón e cada alumno elixiu a cor coa que os vai representar.
jueves, 27 de noviembre de 2014
BICOS…
Moitos bicos, de eses que axudan a curar, para todos ós nosos amiguiños de clase que andan enfermiños e botamos tanto de menos. Esta mañá soamente eramos oito en clase, a varicela e os virus propios da estación están facendo estragos entre os meniños e algún que outro papá. Esperamos e desexamos que se recuperen pronto para volver a brincar xuntos na escola.
jueves, 25 de septiembre de 2014
“BICOS DE TRES”
lunes, 11 de marzo de 2013
DESCUBRINDO A DALÍ
Hoxe
comeza a semana da prensa na escola. Nestes días os xornais cobran unha
especial relevancia nos centros educativos. Esta mañá, na biblioteca, optamos por
ver a revista que adoita acompañar ao periódico dominical, en concreto a do día
10 de febreiro de La Voz de Galicia.
Nela atopamos unha ilustración moi especial: ¡Un sofá bico!. Descubrimos
que realmente chámase sofá labios e foi deseñado por Salvador
Dalí con Óscar Tusquets. Buscamos algúns dos libros que temos deste artista e
atopamos outra obra que tamén chamou poderosamente a nosa atención: un teléfono
bogavante. Nas vindeiras semanas seguiremos coñecendo a vida e obra deste
famoso pintor.jueves, 14 de febrero de 2013
CONTOS DE BICOS
A creación da nosa caixiña
de bicos para conmemorar o día escolar da paz, foi o punto de partida para
traballar ao redor dos contos que teñen esta mostra de agarimo como
protagonista. Hoxe, día do amor e da amizade, Martiño trouxo flores para
todos
e levámolas para casa cunha guía de lecturas para elixir o noso conto de bicos
favorito. Xa sabedes que para decidirse non hai nada como probalos todos. Están
a vosa disposición na nosa biblioteca escolar. Para os que se animen a
mergullarse no mundo dos bicos, aquí lle deixamos as nosas recomendacións.miércoles, 30 de enero de 2013
DÍA DA PAZ
E
chegou o día tan esperado. Queríamos encher as caixiñas cos bicos dos nosos
amigos pero primeiro tiñamos que comprobar que todas estaban listas. Algúns bicos
lle faltaba o nome, a outros a cor…
As caixiñas que chegaran no último momento
estaban sen decorar e a outras había que darlle un último repaso… No transcurso
da mañá fomos revisando e rematando todo, os que tiñan todo listo axudaban aos
máis pequenos e os que tiñan dúas caixiñas compartían cos que non trouxeran
ningunha. Antes de marchar para casa...martes, 29 de enero de 2013
BESOS, BESOS
Este é o título do precioso conto que fala
dos bicos da avoa, ruidosos coma saborosas piruletas; dos bicos de papá, que
pinchan coma cactos; dos bicos do avó, nos que a súa barba branca parece
algodón de azucre… A mestra atopouno na Biblioteca
Pública Municipal de Meis e prestáronllo
para ler na escola. Xa o devolvemos por se outro neno quere levalo, pero
gustounos tanto que ímolo mercar para telo na nosa biblioteca escolar. Dende
este blogue, animamos a toda a comunidade educativa a facerse socios das
bibliotecas municipais, son gratuítas e poderedes gozar de lecturas tan
fermosas coma esta.
Como vedes, en clase seguimos a voltas cos bicos e a
caixiña que estamos a preparar para enchela deles. Os que se esqueceran de
traelas aínda están a tempo. Lembrade que serve calquera con tal de que sexa
pequena: a dos queixiños en porcións, a dos zapatiños
da irmá, a das galletas… Mañá, día escolar da paz, intercambiaremos os
biquiños que con tanto agarimo estivemos a preparar. Hoxe estivemos contando os que
tíñamos, necesitamos 20 de cada cor para que teñamos todos. Mañá axudaremos a
rematar aos pequenos e aos que estiveron enfermos. ¡Teñen tantas ganas de levalas
para casa que non lles da chegado o día! martes, 22 de enero de 2013
MAMÁ, ¿DE QUÉ COLOR SON OS BESOS?
Este é o título do conto no que nos imos
basear para conmemorar este ano o día escolar da paz e non violencia. Nel, a
mamá do neno protagonista, fálanos de bicos
laranxas cheos de vitaminas, amarelos que son cálidos e intensos, e brancos,
que expresan a paz e tranquilidade que sinto ao teu lado… Nós, en clase, tamén
lle imos dar cor aos nosos bicos. Cada neno escolleu o que máis lle gusta,
cunha única condición: non se pode repetir a cor…
Porque o día da paz imos
repartir os bicos entre todos os nosos amigos. Queremos encher unha caixiña con
eles, e facer como Kati, a meniña do conto “Unha
manchea de bicos” que os ten gardadiños para cando lle fan falta. Para cando
teñamos medo, botemos en falta aos compañeiros, esteamos tristes… Sempre hai un
bico para cada momento, e con eles, todo é máis doado. Estes días, os contos de
bicos van ser os protagonistas. viernes, 30 de noviembre de 2012
MAMÁ CABRA EN CULTURGAL
Non vos esquezades,
se esa fin de semana ides a Pontevedra, achegádevos a CULTURGAL no Pazo da Cultura, a entrada é gratuíta. Alí atoparedes as novidades
editoriais, o último en música, actuacións en directo … O sábado ás 20:00 miniconcerto
do grupo “Mamá Cabra” co seu novo traballo “Bicos
de música”. Tedes o programa de actividades no blogue do colexio e máis
información en http://www.culturgal.com/index.php
sábado, 29 de septiembre de 2012
EN SETEMBRO: ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO
Este mes, no noso “Calendario
escolar da poesía” que realizáramos o ano pasado, dedicarámosllo ao escritor
Antonio García Teijeiro. No seu momento, centrarámonos no seu libriño de poemas
titulado “Ventos”, pero no
transcorrer de setembro son varias as obras que vimos deste autor: “As catro estacións”, “Aloumiños”, “Volando
por las palabras”…
Esta semana fixemos varias actividades ao redor do seu
poema “Un bico” e onte Paula tróuxonos un libro, “Para cantar e contar” no que
aparece esta poesía. Nel, Antonio García Teijeiro, escribe un conxunto de doce sinxelos
e fermosos poemas que teñen en común o motivo dos bicos. Dende a nosa escola mandámoslle
un biquiño moi especial á avoíña de Paula por darlle e compartir con nós este
fermoso libro.lunes, 11 de junio de 2012
BICOS DE VENTO
A mestra ensinaranos que vira
nunha película os bicos de bolboreta, que se dan pestanexando con agarimo. Pero
o outro día, ao traballar o libro de Antón Cortizas “Sopra neste furadiño” para
o noso calendario da poesía, descubrimos que existen ¡os bicos de vento!. Ao
principio quedamos abraiados e tivemos que practicar para aprender a dalos. Entrábanos
risa e non saían, soprabamos moi forte e molestaban, demasiado rápido e non
chegaban… Ata que, paseniño, fomos collendo xeito e, agora… ¡como nos gustan os
bicos de vento!jueves, 22 de marzo de 2012
NIN UN BIQUIÑO Á FORZA
Pero non por iso esquecemos o traballo que andabamos a desenvolver ao redor das supersticións de fin de ano. Un dos pequenos rituais relacionado con esa noite é o feito de bicar a un ser querido. Hoxe estivemos decidindo a quen queríamos bicar nese momento tan especial. Cada un elixiu a quen lle pareceu máis oportuno: Ángela a Enma, a irmanciña que acaba de nacer; Anxo ao seu papi; Andrea a súa mami; María a Paula, a súa irmá da Estrada; Paula á súa amiga María; Jose Antonio ao seu primo Manuel… 
como sempre fixemos un listado e, cada neno, escribiu a elección dos seus amigos, os de tres anos a dous ou tres e os máis maiores a máis. Pero o que si deixamos claro e que ninguén pode dar nin un biquiño á forza, como vimos no conto da imaxe escrito para a prevención da violencia de xénero.









